Folga de fame Xavi

Xavi, un rapaz de 32 anos, en folga de fame na Praza Maior de Lugo desde a noite do venres. Foi botado á rúa da casa na que tiña alugada unha habitación, por falta de ingresos para poder seguir pagandoa.

Sen ingresos e sen vivenda, reclama un traballo ou prestacións sociais para poder cubrir as súas necesidades básicas.

Hoxe pola noite estivemos falando con el e acompañandoo.

Quedamos ás 9 diante do concello, para tratar de interpelar ao alcalde e/ou a concelleira que dirixe os servizos sociais e demandarlles que cumpran urxentemente coa obriga de garantirlle ós recursos precisos para as necesidades básicas.

Anuncios