Inicio » Presentación do grupo

Presentación do grupo

GRUPO DE DEREITOS SOCIAIS E RENDA BÁSICA DE LUGO

Xa case ninguén con certa autoridade no campo do emprego e a economía admite como posible o pleno emprego. É unha idea descartada, o que implica que temos que empezar a falar de como cubrir as necesidades básicas de toda a poboación, teña ou non teña un emprego.

Segundo as últimas cifras do paro, aínda que “suavizado” artificialmente coa cantidade de persoas que están a emigrar, afecta xa a case que 300.000 persoas en Galicia e supera os 6 millóns de persoas en todo o Estado. Moitas destas persoas xa non reciben nin sequera a prestación por desemprego, entrando así nunha espiral moi rápida de pobreza e exclusión social.

Na actualidade danse, ao longo do estado, diferentes respostas a isto, desde a renda garantizada de inserción de Euskadi a outro tipo de axudas menores. En Galicia existen unha serie de prestacións sociais como a renda activa de inserción (RAI), dependente do INEM; a renda de inclusión social de Galicia (RISGA), dependente da Xunta de Galicia; ou as axudas de emerxencia social (AES), que ofrecen a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo; todas elas cunha dotación de recursos moi baixa, de contías tamén moi escasas para cubrir as necesidades das persoas que as solicitan, con moitos atrancos e burocracia para o acceso e que, en moitos casos, non chegan a darse por falta de asignación de recursos ou retrásanse durante meses, o que resulta incompatible coas necesidades das persoas ás que van dirixidas.

En 2012 a RISGA atendía a unhas 6.700 persoas, 10 veces menos que as atendidas en Euskadi, unha comunidade moito máis rica que a nosa. Ademais, a cantidade asignada, que para este ano é duns 32 millóns de euros, non cubre ni a décima parte das necesidades reais.

Na práctica, a emerxencia social están a solucionala as familias, que fan de colchón ata onde poden, sen que a administración asuma a súa responsabilidade como garante duns dereitos humanos básicos. Isto incluso se plasma nos requisitos para a percepción da RISGA, que infantilizan e fan dependentes ás persoas en vez de axudalas:

Requisitos para a percepción da RISGA

– Ter residencia efectiva e estar empadroado en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, cando menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude.

– Ter constituída unha unidade de convivencia independente.

– Ter unha idade comprendida entre 25 e 65 anos.

– Dispoñer duns ingresos inferiores á contía da prestación da RISGA que lle correspondería á persoa solicitante, e non dispoñer de bens que indiquen a existencia de medios suficientes.

– Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de prestarlle alimentos á persoa solicitante.

O modelo das axudas resulta, ademais, indigno, escaso e empeorando cantas máis persoas dependan dela, tal como se ve no seguinte cadro:

As contías da RISGA en 2012 (*)

A) Contías máximas para persoas perceptoras cunha antigüidade inferior a 4 anos:

Número de convivientes Importe mensual
1 399,38
2 463,28
3 516,53
4 559,13
5 601,73

O último informe da Fundación Foessa (Fomento de Estudos Sociais e Socioloxía Aplicada), feito público en marzo por Cáritas Española, indica, en frases sacadas do propio informe, que o empobrecemento ten aumentado en extensión e intensidade, que o incremento severo da desigualdade social mostra unha sociedade fracturada, e que este incremento da desigualdade veu acompañado dunha disminución dos recursos de protección social pública, na súa vertente redistributiva e asistencial.

Ante esta situación consideramos necesario facer denuncia e esixir das administracións públicas a responsabilidade que lles corresponde na utilización dos impostos xerados pola poboación, no senso de asegurar os dereitos máis básicos e unha vida digna para todas as persoas.

imagen recortes renda basica

Defendemos a necesidade dunha Renda Básica universal, individual e de contía suficiente. Non serve a disculpa da falta de recursos. Os recursos existen, existiron para rescatar á banca. Dos recursos que manexan as administracións só unha parte moi pequena, como antes comentabamos, se utiliza para cubrir as necesidades máis básicas da poboación máis desfavorecida. É unha cuestión de reparto, non de falta de recursos.

Queremos animar a moitas máis persoas a que se unan a esta loita necesaria. Forman parte do grupo persoas afectadas pola situación, polo que temos o seu testimonio de primeira man. Queremos dar apoio, acompañamento, denuncia e reivindicar un cambio necesario na política de axudas sociais. Queremos animar a máis persoas que se atopen en estas situacións de falta de recursos a achegarse ao grupo para loitar xuntos.

En verbas de Bertolt Brecht “o que non sabe é un ignorante, o que sabe e cala é un criminal”. Sabemos o suficiente, non nos quedemos calados na casa, hai que denunciar para cambiar as cousas.

Blog: https://dereitossociaiserendabasicalugo.wordpress.com/

Facebook: Dereitossociais e Rendabasica

Correo-e: dereitossociaiserendabasica@gmail.com

Teléfono: 668874662

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s