Inicio » RISGA (Renta Inserción Social Galicia)

RISGA (Renta Inserción Social Galicia)

A RENDA DE INTEGRACION SOCIAL DE GALICIA (RISGA)

Descargar PDF

RISGA

Concepto:

É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.

Normativa :

Requisitos de acceso:

  • Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polo menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude. Entendese por residencia efectiva aquela que habite o solicitante por tempo superior a seis meses nun período de doce. Quedan eximidas do cumprimento deste requisito dun ano:
    • Aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado español, sexan beneficiarias do salario social na Comunidade Autónoma da que proceden, sempre que na lexislacióndesa Comunidade se recolla a reciprocidade.
    • As vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade.
    • Os emigrantes galegos retornados cando fixen a súa residencia en Galicia. Asemade, aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras comunidades autónomas volvan fixar  a súaresidencia en Galicia.
    • Os cidadáns e as cidadás doutros estados non membros da Unión Europea precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da formulación da solicitude.
  • Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada económicamente á persoa solicitante.
  • Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 65 anos. Non obstante, tamén poderán ser beneficiarios:
    • Menores de 25 anos, que reunindo o resto dos requisitos, teñan menores ó seu cargo.
    • Persoas maiores de 18 anos que, tendo recoñecida a condición de minusvalía, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.
    • Persoas maiores de 18 anos que, antes de acadaren a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar.
    • As persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta que, reunindo os demais requisitos, non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza.
  • Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da RISGA que no seu caso lle corresponda.
  • Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de prestar alimentos. A xuízo do órgano de resolución, poderase eximir deste requisito aqueles solicitantes dos que se prevexa que aobriga de alimento non se poida facer efectiva por malos tratos, relacións familiares deterioradas ou inexistentes, das que exista constancia no expediente.(Alimentos entre parentes: art 142-149 do Código Civil) | Organigrama de Parentesco

Documentación:

  • Solicitude
  • Copia cotexada do DNI do/da  solicitante e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia.
  • Copia do libro de familia, se é o caso
  • Copia cotexada do Recibo do Imposto sobre Bens Inmobles da vivenda propia, no seu caso.
  • Xustificación documental que proceda no caso de ser titular doutros bens mobles ou inmobles.
  • Copia cotexada do certificado de Discapacidade no suposto de que o/a solicitante ou calquera dos membros da unidade de convivencia teña a condición de persoa con  discapacidade.
  • No caso de ser vítima de violencia doméstica que cambia o seu domicilio por motivos de seguridade deberá presentar solicitude de orde de protección.
  • No caso de persoas  cidadás procedentes doutros estados deberán presentar copia do pasaporte ou DNI en vigor e copia da Tarxeta de Identidade de Estranxeiros, cando estean obrigados/as a obtelo. No caso de persoas cidadás de estados non membros da Unión Europea, Espazo Económico Europeo ou Confederación Suíza deberán presentar, en todo caso, copia cotexada da Tarxeta de Identidade deEstranxeiros ou da resolución de concesión do permiso de residencia.
  • No caso de persoas cidadás procedentes doutras CC.AA. do estado español que sexan beneficiarias do salario social da CC.AA. da que proceden, deberán presentar copia cotexada da resolución deoutorgamento.
  • No caso de persoas emigrantes que fixasen a súa residencia no territorio da CC.AA Galega deberán presentar copia cotexada da baixa consular e acreditación documental da súa última veciñanzaadministrativa anterior á emigración en calquera dos concellos da CCAA.
  • No caso de persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta deberán acreditar a devandita situación.
  • No caso de que o/a solicitante estivese empadroado/a durante o ano inmediatamente anterior nun ou varios concellos da Comunidade Autónoma distintos a aquel no que tramitara a solicitude, deberá xuntaros certificados de empadroamento que procedan.
  • No seu caso, acreditación de ingresos de todos/as os/as convivintes (IRPF, nómina, etc)

Documentación mínima que deberá aportar o concello:

Obrigas dos/das usuarios/as:

  • Destinar importe da prestación ao fin para o que se concede.
  • Participar nas accións contidas no proxecto de inserción.
  • Escolarizar aos menores ao seu cargo que estean en idade escolar obrigatoria.
  • Non exercer a mendicidade nin a prostitución, nin inducir á práctica de calquera delas a ningún membro da unidade de convivencia.
  • Comunica-las variacións sobrevidas que puidesen dar lugar a modificación, suspensión ou extinción da prestación.
  • Exercitar, cando o órgano competente para a resolución o estime conveniente, á vista dos informes que consten no expediente e no prazo que se estableza na correspondente resolución, calquera dereitoeconómico que puidese corresponderlles segundo a lexislación vixente.
  • Cantas outras obrigas se deriven do obxecto e finalidade da RISGA.

Prestacións:

1. Económicas:

  • Subsidio básico de contía fixa equivalente ó 75 % do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM):
  • Complemento familiar variable en función do número de membros do fogar:
    • 12% do importe mensual do IPREM polo primeiro membro adicional.
    • 10 % do importe mensual do IPREM polo segundo.
    • 8 % do importe mensual do IPREM por cada un dos restantes membros.

As persoas beneficiarias que se manteñan na percepción da prestación despois de catro anos ou se reincorporen só terán dereito ao subsidio básico cunha contía mensual equivalente ao importe mensual daPNC,  sen dereito á percepción do complemento variable.

O importe que percibirá cada persoa beneficiaria estará constituído pola diferenza entre a contía mensual da RISGA que lle correspondese e a dos recursos económicos dos que dispoña e, en ningún caso poderá superar o límite do 125%  do IPREM  mensual.

Non se considerarán recursos económicos:

  1. Os ingresos irregulares que únicamente resulten un complemento de supervivencia.
  2. Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regrada e profesional ou a paliar situacións de emerxencia social.
  3. As prestacións familiares por fillo a cargo  maior de 18 anos cunha minusvalía igual ou superior ao 65% xeradas polas persoas integrantes da unidade de convivencia.
  • Complemento de inserción: a contía deste complemento que se poida establecer nos correspondentes proxectos, será determinada en función das súas especiais características, dedicación e gastos que implique. Poderase beneficiar deste complemento toda persoa que, non sendo perceptora da RISGA, estea incorporada a un proxecto de inserción dentro dos programas elaborados para este fin.

Contías 2012

Subsidio Básico 399,38
Complemento familiar
1º membro 63,90
2º membro 53,25
3º e  máis membros 42,60
Complemento de inserción
Perda ingr. marx. 199,69
Gastos 99,85
Estímulo 99,85

Contía RISGA para perceptores con antigüedade superior a catro anos: 357,70 €/mes

Membros Udad. Econ. Indepen Contías complem. familiar Contías totais
C.V + S.B
Solicitante 399,38
1 63,90 463,28
2 117,15 516,53
3 159,75 559,13
4 202,35 601,73
5 244,95 644,53
6 287,55 686,93
7 330,45 729,53
8 372,75 772,13
9 415,35 814,73

2. Non económicas:

REVISIÓN:

Documentación

Lugar de presentación

Prazo de presentación:

Durante todo o ano.

Xefatura Territorial de Lugo

Ronda da Muralla, 70 C.P. 27071

Tel: 982 29 43 44 – Fax: 982 29 43 59

» TRABALLO

Servizo de Traballo e Economía Social: Tel: 982 29 43 29

Servizo de Emprego e Formación: Tel: 982 29 42 81

» BENESTAR

Servizo de Familia e Menores: Tel. 982 294 442 – Fax: 982 294 386

Servizo de Xuventude e Voluntariado: Tel. 982 294 346 – Fax: 982 294 339

Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal: Tel. 982 294 438 – Fax. 982 294 898

Servizo de Prestacións, Inclusión Social e Inmigración: Tfno. 982 294 437

Pensións non Contributivas – PNC: Tel: 982 294 277

Renda de Integración Social de Galicia – RISGA: Tel: 982 294 428

Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM)

Contías 2013

Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013.(BOE nº  do 28/12/2012)

As contías para o 2013  mantéñense igual que no 2012

  1. IPREM diario: 17,75 euros.
  2. IPREM mensual: 532,51 euros.
  3. IPREM anual: 6.390,13 euros

Nos supostos nos que a referencia ó salario mínimo interprofesional foi substituída pola referencia ao IPREM en aplicación do establecido no Real Decreto Lei 3/2004, de 25 de xuño, a contía anual do IPREM será de 7.455,14 euros cando as correspondentes normas se refiran ó SMI en cómputo anual, salvo que expresamente se excluirán as pagas extraordinarias; neste caso a contía será de 6.390,13 euros.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s