Hoxe estreamos novo punto de reunión dende as 19H estaremos no local social da Cova da Terra. (Rua Noreas 12,Lugo)

Hoxe estreamos novo punto de reunión dende as 19H estaremos no local social da Cova da Terra. (Rua Noreas 12,Lugo)

Anuncios

Luns 8 de xullo Charla-coloquio Da RISGA e da Renda Básica (POLO DEREITO A VIVIR CON DIGNIDADE)

Día: Luns 8 de xullo
Hora: 20,00 h
Lugar: salón de actos da Casa Sindical (Ronda da Muralla,58 – Lugo)

Para preguntarlle a todos os grupos parlamentares galegos cales son as súas propostas para a defensa do dereito de todas as persoas a poder vivir dignamente, invitámolos a participar nunha charla-coloquio pública o próximo día 8, non obtendo resposta polo de agora do PSOE, e obtendo resposta do BNG, que participará coa súa deputada Carme Adánde AGE, que participará co seu deputado Juan Fajardo, e do PP, que non ten decidido aínda que deputada ou deputado virá..

Falarannos da posición dos seus respectivos grupos sobre o proxecto de modificación da RISGA que está agora tramitándose no Parlamento de Galiza e tamén sobre a necesidade de ir máis alá do que a RISGA representa e abordar a reivindicación dunha Renda Básica, coas variantes e pasos intermedios que se estimen precisos, no seu caso, xa que a reivindicación a prol da renda básica é algo que AGE e BNG teñen incluído no seu programa electoral. E a continuación haberá un coloquio entre @s deputad@ e as persoas do público que queiran intervir.

Organiza e modera a charla-coloquio o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica de Lugo .

Contacto: dereitossociaiserendabasica@gmail.com; móbil 668 874 662

 

cartaz definitivo

Charla-coloquio Da RISGA e da Renda Básica (POLO DEREITO A VIVIR CON DIGNIDADE)

Dia: Luns 8 de xullo

Hora: 20,00 h

Lugar: salón de actos da Casa Sindical (Ronda da Muralla,58 – Lugo)

Para preguntarlle a todos os grupos parlamentares galegos cales son as súas propostas para a defensa do dereito de todas as persoas a poder vivir dignamente, invitámolos a participar nunha charla-coloquio pública o próximo día 8, non obtendo resposta polo de agora nin do PP nin do PSOE, e obtendo resposta do BNG, que participará coa súa deputada Carme Adán, e de AGE, que participará co seu deputado Juan Fajardo.
Falarannos da posición dos seus respectivos grupos sobre o proxecto de modificación da RISGA que está agora tramitándose no Parlamento de Galiza e tamén sobre a necesidade de ir máis alá do que a RISGA representa e abordar a reivindicación dunha Renda Básica, coas variantes e pasos intermedios que se estimen precisos, xa que a reivindicación a prol da renda básica é algo que ámbolos dous grupos parlamentares teñen incluído no seu programa electoral. .E a continuación haberá un coloquio entre a deputada, o deputado e as persoas do público que queiran intervir..

Organiza e modera a charla-coloquio o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica de Lugo .

Contacto: dereitossociaiserendabasica@gmail.com; móbil 668 874 662

cartaz definitivo