Inicio » Manifiesto

Manifiesto

                      Porque todas as persoas teñen que poder vivir con dignidade

                                              DEREITOS SOCIAIS RENDA BÁSICA

Debido á actual crise/estafa, a maior parte da riqueza producida na nosa sociedade vai a parar a unha minoría de ricos cada vez máis ricos, provocando cada vez maior desigualdade social, co aumento do desemprego e do traballo precario.

Isto fai que cada vez máis persoas teñan dificultades para chegar a fin de mes e ver cubertas as súas necesidades máis básicas (alimentación, vivenda, saúde,…), véndose na obriga de solicitar prestacións sociais como a RENDA ACTIVA DE INSERCIÓN (RAI), a RENDA DE INCLUSIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA) ou as AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL (AES)

A información e a atención (humana e económica) que veñen dando as institucións (SEPE/INEM, XUNTA DE GALICIA, SERVIZOS SOCIAIS,..) é escasa e confusa, xa que non sempre son facilitados tódolos datos, e ás veces mesmo se desinforma sobre os requisitos, baremos e axudas ás que optar. Desta forma moitas persoas sen ingresos non solicitan axudas sociais por descoñecemento da súa existencia e outras tantas que si o fan non chegan a cobralas por seren mal atendidas e mal informadas con respecto ós requisitos necesarios.

Tamén hai que incidir en que as actuais prestacións sociais non van encamiñadas cara o reparto da riqueza nin pretenden dotar ás persoas dos recursos necesarios para levar unha vida digna, senon que pretenden seguir mantendo unha bolsa de pobreza para obrigar ás traballadoras a aceptar empregos cada vez máis precarios.

Para denunciar esta situación e apoiarnos mutuamente fronte aos atrancos que nos pón a Administración, así como para movilizarnos socialmente para que estas axudas alcancen un nivel máis digno e abarquen cada vez a máis persoas, ata chegar ao establecemento dunha RENDA BÁSICA UNIVERSAL, un grupo de persoas e colectivos decidimos constituír o grupo Dereitos Sociais e Renda Básica de Lugo.

CONTACTO

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s