Inicio » off topic » Charla-coloquio Da RISGA e da Renda Básica (POLO DEREITO A VIVIR CON DIGNIDADE)

Charla-coloquio Da RISGA e da Renda Básica (POLO DEREITO A VIVIR CON DIGNIDADE)

Dia: Luns 8 de xullo

Hora: 20,00 h

Lugar: salón de actos da Casa Sindical (Ronda da Muralla,58 – Lugo)

Para preguntarlle a todos os grupos parlamentares galegos cales son as súas propostas para a defensa do dereito de todas as persoas a poder vivir dignamente, invitámolos a participar nunha charla-coloquio pública o próximo día 8, non obtendo resposta polo de agora nin do PP nin do PSOE, e obtendo resposta do BNG, que participará coa súa deputada Carme Adán, e de AGE, que participará co seu deputado Juan Fajardo.
Falarannos da posición dos seus respectivos grupos sobre o proxecto de modificación da RISGA que está agora tramitándose no Parlamento de Galiza e tamén sobre a necesidade de ir máis alá do que a RISGA representa e abordar a reivindicación dunha Renda Básica, coas variantes e pasos intermedios que se estimen precisos, xa que a reivindicación a prol da renda básica é algo que ámbolos dous grupos parlamentares teñen incluído no seu programa electoral. .E a continuación haberá un coloquio entre a deputada, o deputado e as persoas do público que queiran intervir..

Organiza e modera a charla-coloquio o Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica de Lugo .

Contacto: dereitossociaiserendabasica@gmail.com; móbil 668 874 662

cartaz definitivo

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s